← Volver atrás

Fernández Bermúdez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Rois (A Coruña
- 01/01/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ribeira
(A Coruña)
- 06/02/1961 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Industrial e político, 44 anos. Casou con Juana Sampedro Vidal; tiveron tres fillas e tres fillos: Juana, José, Cándido, María-Luz, María-Teresa e Ángel. Veciños de Ribeira. Instalado en Ribeira, era propietario dun almacén de sal.

Nas eleccións municipais do día 12/04/1931 elixírono concelleiro de Ribeira polo Partido Republicano Radical (PRR) e 1º tenente de alcalde. Nas corporacións de 1932, 1935 e 1936 foi concelleiro e nomeárono alcalde de Rianxo tamén polo PR; alcalde de 1933 a 1936. Membro da xestora da Deputación da Coruña en 1935. Desenvolvía o cargo de alcalde cando se produce o golpe de Estado e solicitara por dúas veces a súa substitución á fronte do concello pola conflitividade con membros da Fronte Popular (FP).

Tivo como compañeiro na Corporación de Ribeira de 1936, entre outras persoas, a Manuel Gude Fernández, sancionado.

Encarcerado. Exiliado.

Detido e deposto como alcalde polo capitán de Artillería Manuel Saavedra Ascariz, trasladárono a Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), onde estivo preso unha semana.

O apoio das súas amizades permitiulle lograr un permiso que aproveitou para escapar a Portugal, onde permaneceu durante un ano ata que as autoridades franquistas decretaron unha amnistía para os republicanos sen delitos de sangue.

Inculpado nun proceso militar instruído en Santiago de Compostela polo delito de rebelión militar, na causa 135/37, co resultado de sentenza de sobresemento.

Marchou ao exilio, volveu a Ribeira nos anos cincuenta e seguiu cos seus negocios.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha