← Volver atrás

Fernández Digón, Victorino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

León
- 11/07/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 19 anos. Veciño de Cervantes.

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

Ingresado no depósito de Becerreá (Lugo) o día 28/09/1936 e fuxido o día 07/12/1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1211/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Cervantes.

No dito proceso condenaron á pena de morte a Manuel Gómez Santín (conmutada pola de cadea perpetua); 20 anos de cadea para: Emilio Fernández Santín e Eladio Pereira Fernández; penas de 15 anos a: Manuel Fernández Gallardo, Rudesindo Fernández González e Manuel Gómez Núñez; castigaron a 12 anos a Baldomero Santín Gómez. A sentenza ditou auto de sobresemento definitivo para Luis Digón García e de absolución para Rudesindo Fernández Santín. Declararon fuxidos a: Victorino Fernández Digón e Abelardo Gutiérrez Digón.

Evádese da zona rebelde á zona republicana.

Detido polos fascistas en maio de 1938.

Morte rexistrada no Hospital de León por mor dunha tuberculose cando estaba na cadea.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha