← Volver atrás

Fernández González, Rudesindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 02/05/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 49 anos. Solteiro. Veciño de Cervantes.

Encarcerado. Morte na cadea.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 28/11/1937.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1211/37, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Cervantes.

Condenaron á pena de morte a Manuel Gómez Santín (conmutada pola de cadea perpetua); 20 anos de cadea para: Emilio Fernández Santín e Eladio Pereira Fernández; penas de 15 anos a: Manuel Fernández Gallardo, Rudesindo Fernández González e Manuel Gómez Núñez; castigaron a 12 anos a Baldomero Santín Gómez. A sentenza ditou auto de sobresemento definitivo para Luis Digón García, e de absolución para Rudesindo Fernández Santín. Declararon fuxidos a: Victorino Fernández Digón e Abelardo Gutiérrez Digón.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo.

Morte rexistrada na cadea en Lugo por mor dunha uremia.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha