← Volver atrás

Fernández Granell, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 28/11/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 24/10/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor, músico, escritor e poeta, 24 anos. De pequeno viviu entre A Coruña e Santiago de Compostela. Irmán de Mario Fernández Granell, encarcerado e exiliado. Era o maior de cinco irmáns. Trasladouse a Madrid no ano 1928 para estudar violín na Escola Superior de Música.

Militante da CNT e do Partido Galeguista (PG).

Na súa estadía na capital, no ano 1935, pasa a militar no Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM).

Dirixiu El Combatiente Rojo, xornal do POUM.

Exiliado. Encarcerado.

Cando comeza a guerra civil únese ás milicias republicanas para defender Madrid como comisario do 532º Batallón da 133ª Brigada da 24ª División do Exército do Este.

Rematada a contenda española perseguírono os franquistas e os seus compañeiros comunistas, neste último caso por pertencer ao POUM.

No ano 1939 trasladase a Francia e pasa por varios campos de concentración. Foxe dos nazis para a República Dominicana, onde os stalinistas lle fan a vida imposible; instálase coa súa compañeira Amparo Segarra Vicente en Ciudad Trujillo. No ano 1946 pasa a Guatemala; no 1950 a Porto Rico e en 1958 a Nova York, onde se doutora en socioloxía e impartiu Literatura Española en Brooklyn.

Regresa a España no ano 1985 e establecese en Madrid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha