← Volver atrás

Fernández Meis, José-Ángel

Alcume: Meis
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 31/07/1914 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Saint Heblain
(Loira Atlántico, Francia)
- 14/11/1998 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e político, 21 anos. Veciño do Grove.

Membro das Xuventudes Comunistas e do PCE.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Despois do golpe de Estado ocultouse na Illa de Sálvora, Aguiño (A Coruña), con outros compañeiros, e rematou detido. Para salvar a vida alistouse no exército sublevado e, en setembro de 1937, tentou pasarse á zona republicana na fronte de Aragón, pero capturárono.

Xulgado en consello de guerra en Zaragoza no ano 1938, na causa 1565/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 05/08/1938.

Pena ordinaria conmutada na comisión de Zaragoza pola de cadea perpetua e, máis tarde, pola de 12 anos e un día de reclusión menor.

Pasou polos campos de presos da Academia Militar de San Gregorio (Zaragoza), prisión de Zaragoza, de El Dueso, Santoña (Cantabria) e polo Batallón de Traballadores nº 121 (BB.TT.) de Reus (Tarragona). Tamén ocupou celas nas prisións de Burgos, Celanova e Ourense.

No ano 1941 destinárono a un batallón de traballadores no campo de internamento das Minas de Fontao, Deza (Pontevedra), onde foi un dos responsables da reorganización do PCE cando era secretario xeral Belarmino Álvarez Muñiz.

Puxérono en liberdade provisoria o día 18/04/1944. Despois de obter a liberdade definitiva en 1946, marchou a Trintxerpe, Pasaia (Guipúscoa), onde traballou como mariñeiro.

Con posterioridade marchou a Nantes, onde finou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha