← Volver atrás

Fernández Méndez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Navia de Suarna
(Lugo)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, 27 anos. Solteiro. Veciño de Navia de Suarna. Traballaba no campo.

Militante da CNT e do Sindicato Mineiro de Fabero (León).

Encarcerado.

Ingresado no depósito de Becerreá (Lugo) o día 26/02/1937 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1132/37, co resultado de sentenza de absolución e posto a disposición do delegado de Orde Pública. Proceso seguido contra varios veciños de Cervantes e Navia de Suarna.

A sentenza condenou a cadea perpetua a: Hilario González Quiroga, Bernardino López Arias e Armando Pérez Arias; condenaron a prisión temporal a Valentín López Méndez. O auto foi absolutorio para: Amable Fernández Méndez e Manuel Fernández Méndez, e declarou fuxidos a: Teodoro Fernández Arias, Manuel García Alonso, Francisco González Arias, Teolindo González Arias, Segundo Martínez González, Manuel Pérez Arias e José-Ramón Pérez González. Tamén procesaron a: José López Lombardía, Manuel Pérez López e Antonio Trabado Brañas.

Trasladado ao cuartel o día 17/03/1938.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha