← Volver atrás

Fernández Prada, Germán

Alcume: o Alemán
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Rúa
(Ourense)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María de Cereixido, Quiroga
(Lugo)
- 01/01/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Albanel, 32 anos. Veciño da Rúa.

Executado.

Despois do golpe militar rebelde un número importante de valdeorreses foxe aos montes.

Un importante grupo destes fuxidos estaban agochados nos montes próximos a Santa María de Cereixido, a uns 20 quilómetros de Valdeorras. Entre eles contábase Germán Fernández.

A primeiros de setembro de 1936 un grupo de 14 persoas acubillábanse nun pallar de Cereixido. Nesa noite un grupo de 50 falanxistas e 30 gardas civís arrodeou o pobo na madrugada, incendiaron o pallar dos refuxiados; morreron todos por mor das lapas ou baixo o fogo das armas represoras. Germán foi unha desas vítimas.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Cereixido.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha