← Volver atrás

Ramón Fernández-Oxea, José

Alcume: Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño, Raimundo Antela
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado

Nacemento:

Ourense
- 05/04/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 02/05/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e escritor, 40 anos. Casou en 1931 con Isabel Algarra López, natural de Linares (Xaén). En 1925 aproba as oposicións de mestre nacional e exerce en Cariño (A Coruña) e logo no en Santa María de Moreiras, O Pereiro de Aguiar (Ourense). No 1935 ingresa por oposición no corpo de inspectores do ensino e destinárono a Lugo.

Membro das Irmandades da Fala desde moi novo e das que foi un dos fundadores en Ourense.

En 1920 enviárono a Marrocos como correspondente de guerra.

En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos (SEG).

No ano 1931 é un dos fundadores do Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO). Presidente do Partido Galeguista (PG) en Lugo.

Colaborou con moitas publicacións: La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Faro de Vigo, Vieiros, La Noche...

Depurado. Sancionado.

Por mor da súa traxectoria política os rebeldes, no ano 1937, as novas autoridades franquistas suspendérono das súas funcións e desterrárono a Cáceres.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha