Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 24 anos. Compañeiro de Josefa Cabral; tiveron dúas fillas. Veciños de Beluso. Mariñeiro de baixura.
Socialista e sindicalista.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado. Morte na cadea.
No momento do golpe militar participou en algunhas accións para tratar de evitalo.
Perseguido polos facciosos que tiñan a intención de matalo, unha noite escapou da súa casa. Semella que fuxiu por mar a Portugal e pasou logo á zona republicana. Combateu nas frontes do País Vasco, Cantabria e Principado de Asturias, posiblemente no 9º Batallón México das Milicias Socialistas e da UXT de Euskadi.
Ao remate da guerra civil pasou a Francia, onde o ingresaron no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Enrolouse o día 23/12/1939 na 107ª Compañía de Traballadores Estranxeiros e traballou na Liña Maginot, onde o prenderon os alemáns en xuño de 1940 despois de producirse a invasión nazi.
Preso dos nazis en Belfort e enviado ao campo de Bad Fallingbostel stalag XI-B (Baixa Saxonia, Alemaña). Trasladado aos campos de exterminio austríacos de Mauthausen, onde chegou o día 27/01/1941, e ao sub-campo de Gusen, no que o ingresaron o día 08/04/1941.
Morte rexistrada en Gusen e incinerado catro días despois.
Algunhas fontes reflicten o seu primeiro apelido como Fernández.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.