← Volver atrás

Ferreiro Núñez, Estanislao

Alcume: Boreiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Cangas
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Costa da Vela, Santa María de Darbo, Cangas
- 28/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro, 24 anos. Veciño de Darbo. Irmán de Antonio Ferreiro Núñez, paseado con el.

Paseado.

Causa militar aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción, causa na que se informa que o prenderan nunha madrugada de finais de agosto de 1936 e dáselle por desaparecido.

No Anguieiro, Santa María de Darbo, os falanxistas asasinaron as seguintes once persoas: Eugenio Bastos Fernández, mecánico; Antonio Blanco Rodal, mariñeiro; Guillermo-Segundo Fernández Fernández, albanel; Antonio Ferreiro Núñez, canteiro; Daniel González Graña, mariñeiro; Alejandro-Isolino Martínez Pazó, mariñeiro; José Martínez Pazó, canteiro; José Nores Rodríguez, albanel e músico; Normandino Núñez Martínez, mariñeiro, e Secundino Ruibal Villar, canteiro. Neste grupo tamén ía Estanislao Ferreiro Núñez, Boreiro, canteiro, quen puido escapar da masacre, pero prendérono máis tarde os falanxistas e esnaquizárono na Costa da Vela, en Cangas.

Morte rexistrada na Costa da Vela.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha