← Volver atrás

Ferro Franco, Salvador

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

A Casería, San Xoán de Covas, Viveiro
(Lugo)
- 07/12/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Grenoble
(Francia)
- 01/10/1997 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico, ferreiro e militar, 22 anos. Con 19 anos, no ano 1932, alistouse na Armada e ao rematar o servizo militar volveu a Viveiro e traballou co seu pai nas labores labregas.

Afiliado á CNT.

Exiliado. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado colaborou cos fuxidos, polas súas ideas de esquerdas, ata que o chamaron a filas os sublevados en 1937 e o destinaron a Logroño ao Rexemento de Infantería Bailén nº 24, 12ª Brigada de Infantería da VI División Orgánica. O día 27/12/1937 pasouse ao exército republicano con outros compañeiros; estivo en Barcelona e na 194ª Brigada da Infantería de Mariña en Cartagena (Murcia). Acadou o grao de tenente e participou en varias frontes de guerra ata o remate da contenda nacional.

Por mor da súa deserción o seu pia e unha irmá Josefa pasaron pola cadea.

Estivo no campo de refuxiados de Le Teche (Francia) e no de Adge (Herault, Francia). Atopábase no país galo cando se produce a invasión nazi, traballou como mecánico militar e colaborou nas accións de sabotaxe dos maquis; prendérono os alemáns en Saint Quintin-sur-Isère (Ródano-Alpes, Francia) o día 22/07/1944, cando traballaba unha canteira.

Preso dos nazis un mes en Lyon. Deportárono ao campo de concentración de Natzweiler Struthof (Alsacia, Francia) o día 18/08/1944 desde Marcilly d'Azergues. Trasladárono a Dachau (Baviera, Alemaña), onde o ingresaron o 04/09/1944 e despois enviárono ao sub-campo de Allach, tamén en Baviera e preto de Munich, onde traballou de mecánico e de encargado das caldeiras.

Liberouno a brigada aliada Lattre de Tassigny o día 29/04/1945.

Casou en Grenoble con Emilia Grilo; tiveron dúas fillas e un fillo: Teresa, María-Antonia e Manuel.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha