← Volver atrás

Figueroa Vilachá, Ramón-Amadeo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado. Executado

Nacemento:

Santa María de Noicela, Carballo
(A Coruña)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Campo da Rata, A Coruña
- 07/12/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 29 anos. Veciño de San Xián de Sergude, Carral (A Coruña). Mestre interino en Santo Estevo de Sedes, Narón e, desde 1935, de San Martiño de Sésamo, Culleredo (A Coruña). Fillo de Dolores Vilachá Vázquez, mestra de San Breixo de Sergude, Boqueixón (A Coruña), a quen desterraron en 1941 a Cangas de Narcea (Principado de Asturias), despois de que executaran ao seu fillo.

Afiliado á Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT).

Encarcerado. Depurado. Executado.

Detivérono os represores nun café en Carral o día 05/08/1936 con outros veciños por escoitar unha emisora gobernamental; pasou tres meses na Prisión Provincial da Coruña en 1936.

Depurado como mestre con dous anos de emprego e soldo a finais de agosto de 1936.

Mobilizado polo exército franquista o 31/04/1937, destinárono á fronte de Brunete (Madrid) e o día 02/08/1937 desertou con Gerardo Paseiro Carril e Benito Búa Rivas. Estivo nas Milicias da Cultura nunha compañía de zapadores e, máis tarde, na 29ª Brigada Mixta, 2ª División do I Corpo de Exército do Exército do Centro.

Xulgado en consello de guerra na Coruña en abril de 1940 polo delito de traizón á patria, na causa 242/40, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado no Campo da Rata.

En abril de 1941 abríronlle un expediente de responsabilidades políticas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha