Nacemento:
Morte:
Profesor, escritor, historiador e antropólogo, 30 anos. Casou no ano 1932 con Teresa Martínez Magariños. Veciños de Loureiro. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e licenciouse no ano 1928. Profesor do Instituto da Estrada (Pontevedra) desde 1933 ata o comezo da guerra civil.
Membro das Irmandades da Fala en Santiago de Compostela e colaborador do Seminario de Estudos Galegos (SEG) desde 1928.
Militante do Partido Galeguista (PG), do que era secretario xeral na Estrada.
Denigrado. Depurado.
Cando se produce a rebelión militar prendérono os fascistas e obrigárono a borrar coas mans e sosa cáustica as pintadas pro-estatuto.
Represaliado e depurado por galeguista, tivo que traballar na ensinanza privada ata 1950, ano no que recuperou a cátedra no instituto.
Exerceu tamén en Lugo e Santiago de Compostela, onde se xubilou no ano 1975.
Membro numerario da Real Academia Galega (RAG) desde abril de 1951.
No ano 2019 adicáronlle o Día das Letras Galegas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.