Nacemento:
Morte:
Gandeiro e político, 39 anos. Casou en Lugo con Mercedes Soilán Carreira. Veciños de Lugo. Exportador de gando vacún.
No ano 1930 era membro da Sociedade de Oficios Varios da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Lugo. Concelleiro de Lugo en maio de 1931 e no ano 1936, nesta última ocasión polo PSOE e na coalición da Fronte Popular (FP).
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
Cando se produce o movemento golpista estaba en Lugo e consegue embarcar cara A Habana (Cuba) de onde volve a Valencia e logo a Barcelona, desenvolvendo servizos para a República no Ministerio de Agricultura e na Subsecretaría de Armamento.
O día 09/02/1939 cruza a fronteira cara Francia por Le Perthus e ingresárono no campo de concentración de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
O día 13/06/1939 embarca en Pauillac (Gironda, Aquitania, Francia) no buque Mexique e chegou a Veracruz (México) o día 27/06/1939.
En México foi conserxe no Instituto Ruiz de Alarcón.
Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.