← Volver atrás

Gabelas Álvarez, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Villafranca del Bierzo
(León)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ponferrada
(León)
- 21/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 33 anos. Casado; tiñan dúas fillas e dous fillos. Veciños de Villafranca del Bierzo.

Militante de Unión Republicana (UR) e elixido alcalde da súa localidade nas eleccións de febreiro de 1936.

Executado.

No momento do golpe militar sedicioso requisou as armas aos seus veciños para evitar os enfrontamentos.

Os fascistas acusárono de sedición e de nada serviron as intercesións que pola súa vida fixeron as mulleres dos gardas civís da localidade, que grazas a el foran respectadas despois de que aos seus homes os concentraran en Ponferrada. Acusárono de sedición.

Xulgado en consello de guerra en Ponferrada o día 12/09/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 2/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono ás 06:00 h no cemiterio de Ponferrada cos seus oito compañeiros de corporación: Francisco Delás Trabadillo, Fabriciano García Arias, Belisario López Fernández, Eduardo Pérez Izquierdo, Dalmiro Pérez Vázquez, Recaredo del Potro Otero, Antonio Sobrín Veintemillas e Antonio Vázquez del Valle.

O Ministerio de Xustiza anulou o seu procesamento militar o día 23/10/2014.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha