← Volver atrás

Gallego Montero, Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 09/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Comisionista e político, 35 anos. Veciño da rúa Salgado Moscoso, en Ribadavia. Benito adicábase a prestar diñeiro e tamén fixo cartos no xogo.

Formou parte do Comité Republicano de Ribadavia en 1930. Na II República elixírono concelleiro en 1931 e en 1933 nomeárono alcalde; destituírono despois da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934. Xa militante de Esquerda Republicana (ER), coa vitoria da coalición da Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, volveron designalo alcalde a primeiros de marzo.

Baixo o seu mandato municipal veuse na obriga de deter a varios militantes de Falanxe por altercados e ameazas.

Executado.

Cando se produce a rebelión acudiu a Ourense para recibir instrucións do Goberno Civil para organizar a resistencia da súa vila fronte aos sublevados; detivérono os sediciosos o día 20 de xullo no mesmo pazo gobernamental.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Ourense polo delito de rebelión militar, na causa 933/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Para saber das persoas e sentenzas ditadas neste procedemento consultar a ficha de Rodrigo Alonso Álvarez.

Os franquistas acusárono de separatista, comunista, antiespañol, desagregador da unidade nacional e traidor.

Entre outras persoas, María-Dolores Touza Domínguez, Lola, semella que foi testemuña na súa defensa durante o sinalado xuízo.

Fusilárono no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

No mesmo lugar e data fusilaron a: Fidel Blanco Leboso, pintor; Andrés Centrón Rodríguez, panadeiro; Benito Gallego Montero, comisionista; Celso González Rodríguez, sindicalista e político, e Benito Quintas Gómez, labrego.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha