Nacemento:
Morte:
Electricista e político, 23 anos. Veciño da Angustia, San Fiz de Nigrán, Nigrán. Irmán de Constante Gallego Salgueiro, encarcerado e paseado; Severino Gallego Salgueiro, encarcerado, e de Vicente Gallego Salgueiro, tamén encarcerado.
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe militar andou en fuga e reclamárono en varias requisitorias.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Detivérono na casa onde se agochaba con Modesto Pérez Misa o día 24/11/1938.
Xulgado en consello de guerra en Vigo con outras persoas, o día 11/03/1939, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra pola de cadea perpetua en outubro de 1939.
Abríronlle un expediente por responsabilidades políticas en xaneiro de 1940.
Ingresárono na Prisión Provincial de Pontevedra e na Prisión Central de Santa Isabel, Santiago de Compostela (A Coruña).
Estando na cadea de Pontevedra, en xullo de 1939, casou con Belarmina Quinteiro Gallego.
Interno no Destacamento Penal das Minas de Casaio (Ourense), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 362 do día 28/12/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.