Nacemento:
Morte:
Militar, 27 anos. Casou con Enma Pena Lobo e, xa en territorio republicano, volveu casar con Ana García. Mariño da Armada, 3º maquinista graduado de alférez de fragata no acoirazado Jaime I.
Exiliado.
Cando se produce a sublevación militar, a tripulación leal á República fíxose co mando do Jaime I para poñelo ao servizo do Goberno; García Rego sería un dos protagonistas desta contrarrevolución. A oficialidade quería unirse aos sublevados. O día 18/07/1936, Julio Iglesias Abelaira, comandante deste barco, entregouno en Santander (Cantabria) aos mariñeiros leais. Achándose Iglesias Abelaira de comisión en Madrid prendérono, conducírono ao cárcere de San Antón e axustizárono, sen xuízo; paseado por Joaquín García Rego, dirixente das milicias do PCE.
Joaquín participou tamén na Base Naval de Cartagena (Murcia) na represión dos oficiais proclives ao alzamento.
Ascende a tenente maquinista o día 12/11/1937 e foi xefe da base naval secundaria de Almería. O 08/12/1937 destinárono como xefe de máquinas do buque cisterna Aljibe-2, co que abandonou Cartagena cara Orán (Alxeria) o día 24/03/1939. No ano 1946 aínda vivía en Orán.
En abril de 1950 residía en Panamá, onde traballou de enxeñeiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.