← Volver atrás

García Sampayo, Manuel

Alcume: Manuel de Portarís
Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

San Salvador de Cervaña, Silleda
(Pontevedra)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Gandeiro e político. Veciño de Portarís, San Fins de Lois, Ribadumia (Pontevedra), onde se adicaba a cría de cochos. A familia colocouse do lado golpista e dous irmáns estiveron nas frontes de guerra.

Falanxista de pistola ao cinto.

Represor.

Cando se produce o golpe militar intégrase na Garda Cívica da zona. Coñecido represor da comarca do Salnés, era xefe da escuadra de Milicias de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS) de Ribadumia.

Colaborou o día 15/09/1936 nos asasinatos de Ramón Barreiro Rodríguez e de Castor Cordal Garrido.

Detido o día 13/06/1937, acusárono con Adolfo Martínez Ríos do asasinato de Daniel Varela Muñiz. Militantes recoñecidos de Falanxe, o seguinte día 17, expulsáronos “por indeseables e indignos de vestir la camisa azul”.

Xulgados por este delito, diante das testemuñas contraditorias, o auditor militar ditou sentenza de sobresemento provisorio e saíron en liberdade o día 12/11/1938.

No ano 1940 foi alcalde de Ribadumia.

Tamén teñen un mal recordo del os seus propios familiares, pais e irmás aos que maltratou segundo fontes do seu entorno.

Inspector de cinematografía e teatro do Ministerio de Información e Turismo en Ribadumia ata o ano 1954.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha