← Volver atrás

Garrido Sánchez, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Vilardevós
(Ourense)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Panadeiro, 35 anos. Casado con Rosa Gallego Martínez; tiñan dous fillos. Veciños da Veiga das Meás, San Pedro de Osoño, Vilardevós.

Secretario da Agrupación Socialista (AS) de Verín (Ourense) e tenente de alcalde no ano 1936, exercendo a maior parte do tempo como alcalde.

Fuxido. Encarcerado.

Despois do golpe de Estado foxe a Portugal, de onde volveu o día 21/11/1936 e agochouse na súa casa ata o día 03/07/1938 cando o detivo a Garda Civil.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 24/03/1941 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 825/39, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Concédeselle a prisión atenuada o día 26/04/1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha