← Volver atrás

Garrote Nogueira, Juan-Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1882 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nigrán
(Pontevedra)
- 23/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Camareiro marítimo, sindicalista e político, 54 anos. Solteiro. Veciño da rúa Abelaira Menéndez, 22 baixo, en Vigo (Pontevedra).

Militante do movemento obreiro desde 1898, motivo polo que o encarceraron en varias ocasións. Fundador da Federación Xuvenil Sindicalista en 1903. Elixido presidente da Sociedade de Xastres de Vigo, vencellada á UXT, en maio de 1915. Despois da escisión do PSOE traballou na organización do PCE en Galicia, sendo secretario de organización deste partido en Vigo no ano 1924. Formou parte da candidatura do PCE nas eleccións a Cortes Constituíntes en 1931 pola provincia da Coruña. Xa veciño de Vigo, volveu ser candidato comunista nas eleccións de 1933 pola provincia de Pontevedra. Tamén participou nos mitins pro-estatuto en xuño de 1936.

Paseado.

Despois do golpe militar escondeuse, prendérono o día 22/09/1936 os represores fascistas e paseárono esa mesma noite.

Morte rexistrada nas Santiñas, no quilómetro 48,8 da estrada de Pontevedra-Camposancos, por mor dunha hemorraxia intracranial producida por feridas de proxectís de arma de fogo curta.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha