← Volver atrás

Gelpi Asorey, Antonio-Lucas-Benito

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Cambados
(Pontevedra)
- 22/03/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Guadalaxara
- 17/06/1941 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 33 anos. Solteiro. Veciño de Guadalaara. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1929. Inspector de Sanidade en 1929. Veciño de Guadalaxara desde 1932, onde foi presidente do Colexio de Médicos de outubro de 1936 a febreiro de 1938.

Militante de Esquerda Republicana (ER) e presidente do Sindicato de Médicos de Guadalaxara, vencellado á UXT.

Executado.

Durante a guerra civil acadaría en 1938 o grao de capitán médico da Plana Maior do 28º Grupo de Seguridade e Asalto do exército republicano.

Detido polos franquistas en Madrid o día 11/05/1939 e conducido á Prisión de Santa Engracia na capital. O 29/02/1940 trasladárono á Prisión Central de Guadalaxara.

Xulgado en consello de guerra en Guadalaxara o día 09/05/1940 polo delito de adhesión á rebelión e auxilio á rebelión, na causa 1384/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilárono os rebeldes no cemiterio municipal de Guadalaxara, onde o soterraron nunha fosa común..

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha