← Volver atrás

Gippini Escoda, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Reus
(Tarragona)
- 12/10/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 25/12/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e escritor, 34 anos. Casou coa tamén mestra Ángela Botana López; tiveron dúas fillas e dous fillos: Olga, Félix, María-Luisa e Enrique. Veciños de Santiago de Compostela, onde residía desde que tiña dous anos. Combateu tres anos na Guerra de Marrocos. Cursou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Mestre en Cerceda, Buxán, Beneso, Oleiros, Bastavales, Noia…

Vencellado as loxas masónicas na loxa Agarimo nº 78 da capital compostelá.

Militante do PSOE desde 1931 en Santiago de Compostela e director do seu voceiro Trabajo.

Depurado. Encarcerado. Sancionado.

Despois do golpe dos sublevados destituírono como mestre na escola do Campo das Rodas, Noia (A Coruña) o día 19/06/1937.

Prendérono os franquistas o día 21/07/1937.

Procesado en Santiago de Compostela por masón co resultado de condena a prisión.

Ingresárono na cadea ata o día 27/12/1939 e encarcerárono por masón na cidade do Apóstolo ata o día 27/12/1939.

O Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo condenouno a unha pena de 12 anos e un día de prisión. Ingresou na prisión de Torrijos (Madrid) e logo na Prisión Central de Burgos.

No ano 1943 conmutáronlle a pena pola de seis anos de confinamento e inhabilitación.

Cumpriu a pena en Santander (Cantabria) a onde chegou o día 13/12/1943.

En 1944 autorizárono a cambiar a residencia para Valdoviño (A Coruña) e extinguíronlle a pena de confinamento o 15/05/1945.

En xaneiro de 1947 solicitou a súa reposición como mestre nacional.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha