← Volver atrás

Giráldez Coloret, Cándido

Alcume: o Cocho
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado. Desaparecido

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

Vigo
(Pontevedra)

Biografía

Mariñeiro e sindicalista. Casado con Cándida Lago Veiga (morta nunha manifestación o día 13/04/1931, aos 25 anos); tiveron un fillo e unha filla: José e Cándida. Ao quedar viúvo casou coa súa cuñada, Carmen Lago Veiga. Veciños de Moaña (Pontevedra).

Cándido militou na CNT e presidiu en 1935 o sindicato Fraternidad Marinera da súa vila.

Fuxido. Paseado. Desaparecido.

Despois do golpe dos militares rebeldes andou fuxido pero detivérono os sublevados en novembro de 1936.

Levárono ao frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, onde o torturaron, asasinaron no pesqueiro Ave sin Puerto e, logo, fondearon o seu corpo no mar.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha