Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 38 anos. Casado con Josefa Lobeira Villar; tiñan sete fillos e un en camiño cando o asasinaron. Veciños de Bueu. Depositario e administrador do Concello de Bueu.
Militante do Partido Galeguista (PG) desde a súa fundación; compañeiro e colaborador do alcalde José-Francisco Gómez de la Cueva, Johan Carballeira.
Depurado. Paseado. Desaparecido.
Despois do golpe dos rebeldes os falanxistas acusárono, en outubro de 1936, de desfalco dunhas 3000 pesetas nas arcas do concello (acusación que rematou ser falsa) e levantáronlle a sanción no día de fin de ano, cando xa o asasinaran os homes do grupo do pistoleiro Collazo.
O día 21/12/1936 detívoo a Falanxe local na súa casa e tres días despois asasinárono.
Destituído de xeito macabro como funcionario municipal en febreiro de 1937 porque “non acudía ao seu posto de traballo”.
Suspendérono de emprego e soldo, a familia tivo que vender dúas propiedades para pagar a cantidade que lle pediron polo falso desfalco.
Inscrito como desaparecido no Rexistro Civil de Bueu o día 31/08/1937, cando se denunciara a desaparición do seu enderezo en decembro de 1936. O seu corpo non apareceu ao día de hoxe.
A algúns dos seus fillos sufriron represalias por parte dos fascistas.
A súa familia emigrou cara Uruguai e a República Arxentina.
Ricardo deixou escrito á súa dona que facía responsable da súa morte a José-María Massó García-Figueroa, verdadeiro amo e señor da vila de Bueu, xefe da 2ª liña de Falanxe e un dos principais represores da súa vila.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.