← Volver atrás

Gómez Pérez, Bienvenido

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 28/02/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Empregado, 24 anos. Veciño de Madrid. Fillo de José-Ramón Gómez Osorio, dirixente do PSOE, gobernador civil de Madrid, a quen executaron na capital o día 24/02/1940, e irmán de Sócrates Gómez Pérez, encarcerado.

Militante da UXT desde 1934 e das Xuventudes Socialistas (XXSS) desde 1928.

Fuxido. Encarcerado.

Foxe e acada o grao de comandante no exército republicano no ano 1938, no decurso da guerra civil, no Servizo de Información Militar (SIM). Antes pasou por varias unidades militares e frontes de guerra.

Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Combateu nas forzas republicanas nas frontes de Madrid e de Levante.

Detido polos fascistas no porto de Alacante, internárono no cárcere de Orihuela (Alacante), pasou polo campo de concentración de Albatera (Alacante) e o Reformatorio de Adultos de Alacante. En maio de 1942 trasladárono á prisión de Aranjuez e logo á Prisión Provincial de Porlier, estas dúas en Madrid.

Xulgárono en consello de guerra sumarísimo na capital do Estado e condenárono á cadea.

Puxérono en liberdade no mes de xuño do ano 1943 por sobresemento do seu expediente.

Incorporouse á organización socialista na clandestinidade na capital. Arrestárono de novo en marzo de 1945 e condenárono a un ano de cadea, en 1946, nun consello de guerra en Alcalá de Henares (Madrid).

Deixárono en liberdade o día 15/09/1946.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha