Nacemento:
Morte:
Xornalista e político, 21 anos. Veciño de Madrid. Fillo de José-Ramón Gómez Osorio, dirixente do PSOE e gobernador civil de Madrid, executado na capital o día 24/02/1940. Irmán de Bienvenido Gómez Pérez, encarcerado.
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) desde 1928 e da Agrupación Socialista (AS) de Madrid desde 1930.
Colaborador de El Socialista, Renovación, Claridad e director de La Voz del Combatiente.
Encarcerado.
Cando se produce o movemento golpista estaba a facer o servizo militar en Segovia, de onde escapa para volver a Madrid. Foi comisario republicano da Sección de Propaganda e Prensa do Exército do Centro.
Detivérono os franquistas en abril de 1939 no porto de Alacante, ingresárono no campo de concentración de Albatera(Alacante) e despois de pasar polas cadeas de Orihuela (Alacante) e o Reformatorio de Adultos de Alacante, trasladárono á Prisión Provincial de Porlier (Madrid) en xullo de 1939, onde coincide co seu pai e ao que fusilaron o 24/02/1940.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Noutro consello de guerra do 12/06/1940 aumentáronlle a condena ata os 20 anos.
Pena conmutada finalmente pola de seis anos de prisión.
Concédeselle a liberdade vixiada o día 22/05/1941.
Por mor das súas actividades políticas na clandestinidade volveu pasar pola cadea, das que entrou e saíu en varias ocasións. Sae en liberdade condicional da Prisión Provincial de Guadalaxara en setembro do ano 1951.
Desde 1960 estivo uns anos no exilio en Londres.
Deputado provincial en Madrid de 1983 a 1989 e senador.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.