← Volver atrás

Gómez Román, Manuel

Perfil histórico: Sen participación directa

Datos persoais

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 24/07/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 11/11/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Arquitecto e político, 59 anos. Veciño de Vigo. Estudou arquitectura en Madrid, licenciándose en marzo de 1917, aos 41 anos, despois de abandonar a carreira e logo retomala. Xa antes de rematar a carreira fixera moitas obras.

Participou na fundación do xornal El Pueblo Gallego, do que foi accionista.

Membro desde 1933 do Seminario de Estudios Galegos (SEG).

Candidato á alcaldía de Vigo pola Fronte Popular (FP), chegou a desenvolver o cargo de secretario xeral do Partido Galeguista (PG) na súa cidade en 1934 e participou de xeito activo na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Mantivo a militancia no PG na clandestinidade.

Despois da guerra civil sería vicepresidente da Editorial Galaxia e da Fundación Penzol.

No ano 1951 ingresou na Real Academia Galega (RAG).

Como arquitecto fixo máis de 2000 obras en diferentes cidades galegas.

Morreu no Hotel Universal, en Vigo, propiedade da súa familia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha