← Volver atrás

Gómez Santín, Manuel

Alcume: Manuel do Palleiro
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 26 anos. Solteiro. Veciño de Santa María de Vilarello do Río, Cervantes.

Militante da CNT desde 1930.

Encarcerado.

Miliciano republicano no 207º Batallón de Infantería na fronte asturiana.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 10/03/1938.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 1211/37, co resultado de sentenza á pena de morte. Xuízo desenvolto contra varios veciños de Cervantes.

Condenaron á pena de morte a Manuel Gómez Santín (conmutada pola de cadea perpetua); 20 anos de cadea para: Emilio Fernández Santín e Eladio Pereira Fernández; penas de 15 anos a: Manuel Fernández Gallardo, Rudesindo Fernández González e Manuel Gómez Núñez; castigaron a 12 anos a Baldomero Santín Gómez. A sentenza ditou auto de sobresemento definitivo para Luis Digón García, e de absolución para Rudesindo Fernández Santín. Declararon fuxidos a: Victorino Fernández Digón e Abelardo Gutiérrez Digón.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas de Lugo pola de cadea perpetua.

Trasladárono á prisión de Toledo o día 11/01/1942.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha