Nacemento:
Morte:
Electricista e político, 48 anos. Veciño de Fene (A Coruña). Electricista no Arsenal de Ferrol.
Un dos fundadores e presidente do Partido Galeguista (PG) de Fene, no que tiña como compañeiro a Jesús Díaz Rascado, a quen executaron en outubro de 1936. Concelleiro e tenente de alcalde de Fene despois das eleccións de febreiro de 1936.
Executado. Sancionado.
Participou na resistencia fronte aos golpistas e definírono como “dirixente dos de Fene”, colaborando na requisa e no reparto de armas. Ferírono no devir destes feitos e ingresárono o seguinte 19 de agosto no Castelo de San Felipe, en Ferrol.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol o día 23/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 505/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Xulgárono con outros 14 veciños.
O día 8 de xaneiro fusilaron no Castelo de San Felipe aos veciños de Fene: Cándido López González, Manuel Gómez Suárez, Francisco Fernández López, Víctor-Alfredo Gancedo Martínez e Vicente Veiga García.
Condenárono por responsabilidades civís a 16.000 pesetas de multa, que se reclamaron a súa familia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.