← Volver atrás

González Arias, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Vilar, San Fiz de Donís, Cervantes
(Lugo)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 28 anos. Veciño de Vilar.

Militante da CNT e do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Fuxido.

Durante a guerra civil sería miliciano republicano do 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias do exército republicano na fronte asturiana. Cabo da 3ª Compañía do 213º Batallón Asturias en novembro de 1936.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1132/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Xuízo contra varios veciños de Cervantes e Navia de Suarna.

A sentenza condenou a cadea perpetua a: Hilario González Quiroga, Bernardino López Arias e Armando Pérez Arias; condenaron a prisión temporal a Valentín López Méndez. O auto foi absolutorio para: Amable Fernández Méndez e Manuel Fernández Méndez, e declarou fuxidos a: Teodoro Fernández Arias, Manuel García Alonso, Francisco González Arias, Teolindo González Arias, Segundo Martínez González, Manuel Pérez Arias e José-Ramón Pérez González. Tamén procesaron a: José López Lombardía, Manuel Pérez López e Antonio Trabado Brañas.

Segundo Falanxe, no ano 1940 achábase en Barcelona e traballaba na fábrica de gas La Catalana.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha