← Volver atrás

González Arias, Teolindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Cervantes
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego. Veciño de Cervantes.

Fuxido.

No momento de producirse o alzamento golpista foxe e loita como miliciano republicano no 35º Batallón Asturias.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1132/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 17/10/1938. Xuízo contra varios veciños de Cervantes e Navia de Suarna.

A sentenza condenou a cadea perpetua a: Hilario González Quiroga, Bernardino López Arias e Armando Pérez Arias; condenaron a prisión temporal a Valentín López Méndez. O auto foi absolutorio para: Amable Fernández Méndez e Manuel Fernández Méndez, e declarou fuxidos a: Teodoro Fernández Arias, Manuel García Alonso, Francisco González Arias, Teolindo González Arias, Segundo Martínez González, Manuel Pérez Arias e José-Ramón Pérez González. Tamén procesaron a: José López Lombardía, Manuel Pérez López e Antonio Trabado Brañas.

Supoñíase que se agochara nalgunha aldea da parroquia de San Fiz de Donís, Cervantes.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha