← Volver atrás

González Ferreiro, Jesús-Julio

Alcume: Xuliño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Negreira
(A Coruña)
- 07/11/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Negreira
- 03/05/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Estudante e político, 19 anos. Solteiro. Veciño de Negreira. Remataría a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que comezara en 1932.

Militante das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU) de Negreira, máis achegado ao PSOE que ao PCE.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña), o día 30/03/1937, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte. Proceso contra 32 veciños da zona de Negreira.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Internárono por primeira vez na cadea de Santiago de Compostela o día 28/07/1936 e pasou ao longo de seis anos polas cadeas de Santiago de Compostela, Santoña, Toro (Zamora), Mora de Luna (León) e Zamora.

Afiliouse ao PCE cando estaba no Penal de El Dueso, Santoña (Cantabria).

Casou con Socorro Framil Martínez; tiveron dúas fillas e un fillo: Blanca-María, María-Isabel e Juan-Francisco.

Comezou a ter problemas co réxime no ano 1947 por facilitarlles medios aos guerrilleiros antifranquistas (mapas, compás, lanternas, alimentos, hospedaxe...) e arrestárono o día 20/08/1947 na súa casa da Baña.

En 1947 volven a xulgalo acusado de formar parte da guerrilla, na causa 422/47, co resultado de sentenza a tres anos de prisión.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha