← Volver atrás

González González, Juan

Alcume: Don Juan de la Parra
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Quilmes
(República Arxentina)
- 04/12/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Porto do Son
(A Coruña)
- 06/06/1976 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 42 anos. Veciño de Porto do Son. Nado na República Arxentina, volveu a España con 10 ou 11 anos. . Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e rematou no ano 1918. Médico titular e inspector de Sanidade en Porto do Son en 1936.

Membro da CNT e de Esquerda Republicana (ER).

Encarcerado. Sancionado.

Detido polos rebeldes nos primeiros días da sublevación militar por formar parte do Comité de Defensa da República en Porto do Son. Librouse de ser paseado pola intervención dun xefe falanxista que era propietario dunha conserveira en Ribeira (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 376/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación absoluta perpetua por sentenza de xaneiro de 1937.

Permaneceu dous anos na cadea da Falcona en Santiago de Compostela e outros dous na Prisión Provincial da Coruña.

Inhabilitado para o exercicio da súa profesión ata o ano 1964. Logo exerceu a medicina en Xuño e no Porriño ata a súa xubilación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha