← Volver atrás

Goyanes Álvarez, José

Alcume: o Sabio de Pontedeume
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado

Nacemento:

Pontedeume
(A Coruña)
- 17/10/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
(A Coruña)
- 25/08/1988 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico e profesor universitario, 29 anos. Solteiro. Veciño da rúa Blasco de Garay, 14, en Madrid. O seu pai era médico en Pontedeume; eran sete irmáns e os cinco homes estudaron a carreira de Medicina. Irmán de Joaquín Goyanes Álvarez e de Vicente Goyanes Álvarez, tamén depurados. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (USC), rematando no ano 1929.

Trasladouse a Madrid e exerceu de profesor auxiliar de Clases Prácticas e encargado do Laboratorio de Parasitoloxía da Universidade Central de Madrid. Destacou por ser un brillante investigador.

Militante do PCE en Madrid.

Depurado.

Detivérono os franquistas cando estaba de vacacións en Pontedeume.

Depurárono e cesárono na súa labor docente.

Traballou nos Laboratorios Orzán, na Coruña, con importantes achegas científicas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha