← Volver atrás

Hernández Diéguez, Rosario

Alcume: A Calesa
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseada. Desaparecida

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 17/02/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
- 03/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Vendedora e sindicalista, 20 anos. Veciña da rúa Pino, en Vigo. Vendedora de xornais e lotaría na rúa do Príncipe, no portal da sociedade El Gimnasio. O seu pai era ferroviario.

Militante do PSOE e da UXT. Participou en moitas manifestacións e quedou sinalada para os falanxistas como muller que se saía da idea que eles tiñan destas.

Paseada. Desaparecida.

Despois de que se produce o golpe de Estado e no entendemento do que se estaba a facer, con outros compañeiros, mantívose agochada ata que a prenderon os falanxistas o día 03/09/1936.

A Rosario levárono ao cuartel da Falanxe e ao frontón da rúa María Berdiales, en Vigo, rapárona, torturárona, violárona, sufriu a mutilación dos seus peitos e, ao remate, asasinárona.

Os asasinos facciosos fondearon o seu corpo na ría de Vigo amarrada a unha prancha de ferro, preto das Illas Cíes, coma fondearon a tantas outras persoas que non tiñan as súas ideas. O seu cadáver nunca se recuperou.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha