← Volver atrás

Herrero Fuentes, Ignacio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Pedrafita do Cebreiro
(Lugo)
- 06/04/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Carlos, Cojedes
(Venezuela)
- 01/01/2001 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 27 anos. Veciño de Tamallancos. Mestre nacional de San Martiño de Pedrafita, A Teixeira (Ourense), no ano 1930 e, despois, de Santa María de Tamallancos, Vilamartín de Valdeorras (Ourense) desde 1931.

Secretario-bibliotecario da Xuventude Esperantista de Ourense en 1928.

Pertenceu á Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense (ATEO), vencellada a Federación de Traballadores da Ensinanza da UXT (FETE-UXT).

Membro do Partido Republicano Radical Socialista (PRRS) e concelleiro pola Fronte Popular (FP) na súa localidade.

Colaborou con Escuela del Trabajo.

Prendérono por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 por inxurias, súa causa rematou sobresida e impuxéronlle unha multa.

Depurado. Fuxido. Exiliado.

Despois do alzamento militar sedicioso cesárono e destituírono como mestre por ser un dos dirixentes de ATEO.

Arrestárono e conseguiu fuxir da cadea.

Combateu durante a guerra civil no exército republicano.

Exiliado en Cuba, Panamá (onde exercería de profesor na Universidade de Panamá) e en Venezuela, país este no que se desenvolveu como director do Colexio Estatal de Cojedes.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha