Nacemento:
Morte:
Estibador e sindicalista, 38 anos. Casado con Juana Ramona Rey; tiveron catro fillos. Veciños de Carril, Vilagarcía de Arousa. Irmán de José Iglesias del Río, encarcerado. Traballou durante algún tempo no porto de Nova York, a onde chegara no ano 1920.
Durante a II República militou na CNT e presidiu o Sindicato de Estibadores de Carril.
Fuxido. Paseado.
Cando se produce o golpe rebelde ocultouse dos falanxistas, que o acosaban e que atemorizaban á súa dona e aos seus catro fillos pequenos.
Presentouse ás novas autoridades fascistas e asasinárono dun tiro na cabeza, xunto co seu compañeiro da CNT e veciño Eduardo Ferreirós Boullosa.
Morte rexistrada na Capela de San Antoniño, en Cea, a causa de disparos de arma de fogo.
A súa dona tivo noticias destes feitos polas leiteiras de Cangas.
Soterrárono nunha fosa común en Santa María de Rubiáns, Vilagarcía de Arousa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.