← Volver atrás

Iglesias Paz, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Lobios
(Ourense)
- 26/08/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 10/06/2006 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mineiro, 19 anos. Aos 18 anos emigra a Sallent de Llobregat (Barcelona) para traballar nas minas de potasa, onde xa traballaba un irmán.

Desde o ano 1935 era militante da CNT e das Xuventudes Libertarias (XXLL) de Sallent.

Exiliado. Encarcerado.

Durante a guerra civil combate co exército republicano nas frontes de Talavera de la Reina (Toledo), Ávila, Aragón, participa na toma de Belchite...

No mes de febreiro de 1939 pasa a Francia e estivo no campo de Saint-Cyprien (Pireneos Orientais, Occitana, Francia), de onde fose 18 meses máis tarde; logo estivo preso en Argelès-sur-Mer, de alí foxe aos dous meses e traballou de leñador.

Preso dos nazis, traballou nunha fábrica de munición en Baden-Wurtemberg (Alemaña). Ao rematar a II Guerra Mundial volveu a Francia

Militou no Movemento Libertario Español (MLE) e no mes de xullo de 1948 entrou clandestinamente en España. Prendérono os franquistas o día 03/05/1950 e torturárono durante 17 días na Dirección Xeral de Seguridade, en Madrid.

Xulgado en consello de guerra en Barcelona, o día 06/02/1952, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua; pasou polo cárcere Modelo de Barcelona e por El Dueso, Santoña (Cantabria).

Puxérono en liberdade vixiada en 1961, regresou a Galicia; diante da imposibilidade de conseguir un traballo estable polas presións reaccionarias, emigrou a Suíza no ano 1972.

Regresou definitivamente no ano 2003.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha