Nacemento:
Morte:
Industrial e funcionario, 40 anos. Casado con Carmen Taboada, da que quedou viúvo e, en 1935, casou con Josefa Castro. Veciños de Vilatuxe. Emigrou a Cuba de onde regresou para traballar de canteiro; tamén montou unha taberna que rexentaba a súa dona. No ano 1919 era carteiro de Vilatuxe; tamén foi recadador de cédulas en Lalín, cesado no ano 1933, e tivo un carro de bois para adicarse ao transporte.
Membro do Centro Republicano de Lalín. Concelleiro de Lalín en 1931 e 2º tenente de alcalde. Despois de estar vencellado á Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), no ano 1934 integrouse no Partido Republicano Galego (PRG) do que foi membro da Executiva Provincial e, máis tarde, en Esquerda Republicana (ER). Concelleiro de Lalín en 1936 pola coalición da Fronte Popular (FP).
Encarcerado. Sancionado.
Despois da revolta militar, nos primeiros momentos os franquistas non o molestaron.
Detivérono o día 08/11/1936 polas denuncias dun veciño que o involucrou nos feitos de xullo e ingresárono no cárcere de Lalín ata o día 22/05/1937, logro trasladárono a Pontevedra.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Pontevedra o día 01/03/1937 por oposición ao movemento militar, na causa 196/37, co resultado de sentenza de absolución e multa de 20.000 pesetas a pagar nun prazo de oito días. Embargáronlle varias fincas.
Puxérono en liberdade o día 22/05/1937 e deixárono a disposición do delegado de Orde Pública; pasou máis de seis meses na cadea.
Xa non volveu a Vilatuxe, onde insultaban á súa familia, e instaláronse en Salcedo (Pontevedra).
A multa condonáronlla en abril de 1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.