← Volver atrás

Jaso Paz, Leoncio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Zaragoza
- 11/09/1876 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Puerto de Santa María
(Cádiz)
- 06/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 59 anos. Casado con Eusebia Roldán Salvadores. Veciño de Cádiz, a súa familia permanecía en Madrid. Destinado por un tempo en Marín (Pontevedra), onde naceron os seus fillos. Pai de Enrique Jaso Roldán, depurado, e de Leoncio Jaso Roldán, exiliado.

Participou como tenente de Infantería na Guerra de Marrocos. Durante a II República foi inspector xefe do Corpo de Carabineiros en Madrid. No ano 1936, sendo tenente coronel co Corpo de Carabineiros, trasladárono a Cádiz como xefe da 11ª Comandancia de Carabineiros.

Executado.

Cando se produce o golpe militar púxose ao mando, co capitán Antonio Yáñez-Barnuevo de la Milla (El Saucejo, Sevilla), para defender o Goberno Civil e a Deputación de Cádiz fronte as tropas sublevadas, no cumprimento do seu deber. Aguantaron as posicións os días 18 e 19 de xullo, tendo que abandonar estes edificios cando os rebeldes contaron co apoio de forzas Regulares chegadas de Ceuta.

Xulgado en consello de guerra en Cádiz con outros mandos institucionais, o día 22/07/1936, polo delito de rebelión militar e co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 02/08/1936.

Fusilado no Castelo de San Sebastián, Puerto de Santa María.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha