← Volver atrás

Jul Rodríguez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Guntín
(Lugo)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 14/12/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Enfermeiro, 34 anos. Casado con María Somoza; tiveron un fillo e dúas fillas: Manuel, Carmen e Edelmira. Veciños de Lugo.

No ano 1930 traballaba no Hospital de Santo Domingo, centro completamente anticuado. Co director deste centro, Rafael de Vega Barrera, e co alcalde de Lugo, Ángel López Pérez, puxeron en marcha o plan do novo Hospital de Santa María, onde tamén se atendería a persoas sen recursos.

Militante da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e membro fundador de Esquerda Republicana (ER) en Lugo.

Fuxido. Executado.

Cando se produce o golpe militar á maioría dos seus compañeiros, entre eles Rafael de Vega, arrestáronos o día 24/07/1936; a de Vega fusilárono os fascistas o día 21/10/1936.

Manuel Jul andou agochado nos montes de Guntín case que un ano.

Prendérono os fascistas e o día 30/09/1937 ingresou no cárcere, onde permanece ata o día da súa execución.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 1309/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Fusilado ás 07:30 h nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.

Morte rexistrada en Lugo por mor de feridas mortais na cabeza.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha