← Volver atrás

Lafuente Pose, Alejandro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Redondela
(Pontevedra)
- 03/05/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 27 anos. Casado. Veciño da rúa Irmandiños, en Vigo. No ano 1924 ingresou na Armada, formándose como enfermeiro diplomado.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Combateu na defensa da legalidade republicana como enfermeiro da Armada da República.

Xulgado no ano 1938 polo delito de deserción militar, na causa 167/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ao remate da guerra civil pasou a Orán (Alxeria).

Marchou a Marsella (Francia) e ingresárono no campo de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia) o día 09/03/1939, onde permanece ata o día 19/11/1939, cando se alista na 15ª Compañía de Traballadores Españois e tivo destino na zona de Dunkerque.

Cando se produce a invasión nazi, como outras cinco compañías de españois, quedou apresado na bolsa de Dunkerque. Mentres aos militares ingleses e franceses os evacuaron por mar, aos españois abandonáronos a súa sorte e prendéndoos os alemáns. A Alejandro capturárono o día 05/06/1940.

Preso no campo de exterminio de Krems-Gneixendorf stalag XVII-B (Baixa Austria, Austria), pasou por Krautz (Alemaña), Hohenstein (Prusia, Polonia) e o día 19/12/1941 trasladárono ao campo de Mauthausen (Austria).

Liberado polos aliados o día 05/05/1945 e repatriado a Francia.

O día 19/06/1950 embarcou no Protea para a República Arxentina, desde onde volveu a España.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha