← Volver atrás

Lago Díaz, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

San Fiz de Esteiro, Cedeira
(A Coruña)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
(A Coruña)
- 01/01/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 31 anos.

Militante da CNT.

Fuxido. Encarcerado.

En novembro de 1936 evádese das filas franquistas na fronte asturiana con catro compañeiros, incorpórase ao exército republicano e combate na guerra civil nas frontes do Principado de Asturias e Santander (Cantabria).

Despois da caída da Fronte Norte tenta fuxir a Francia, ferido, nun pesqueiro o día 21/10/1937, pero este barco de pesca abordouno o cruceiro lixeiro rebelde Almirante Cervera. Unha vez que os capturaron, leváronos a Ribadeo (Lugo) e despois á Coruña.

Pasou polo campo de concentración de Camposancos, A Guarda (Pontevedra), do que logrou fuxir e regresar ao seu pobo, Cedeira (a máis de 200 quilómetros). Alí traballou de enlace da guerrilla ata que en 1949 cae nunha redada.

O día 31/05/1949 levárono ao cuartel da Garda Civil de Ferrol, onde o torturaron de xeito salvaxe.

En xullo de 1949 tentou fuxir, golpeando cunha botella aos gardas que o custodiaban; sempre segundo o informe policial. Morto por mor de varios disparos de pistola, semella que os fixo o número José Hernández Santana, o Canario, no curso dun interrogatorio no que volvían torturalo.

Por mor da súa morte abriuse a causa 207/49 no Tribunal Militar Territorial de Ferrol co resultado de sobresemento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha