Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 31 anos. Veciño de Vimianzo. Oficinista no Concello de Vimianzo desde marzo de 1936. Padecía unha coxeira e unha xordeira. Eran nove irmáns de familia conservadora.
En setembro de 1934 foxe do Sanatorio de Conxo, en Santiago de Compostela (A Coruña), no que o ingresaran en maio de 1933. Reingresou en outubro de 1935.
Era militante da CNT.
Fuxido. Encarcerado. Depurado.
Participou en Vimianzo na requisa de armas das persoas das dereitas durante o alzamento militar e foi o encargado pola alcaldía da custodia de sete curas encarcerados por desacato ás ordes republicanas de secularización dos cemiterios.
Despois do golpe andou fuxido no monte e empregou o nome falso de Juan Durán Iglesias; traballou como xornaleiro nunha casa de Tordoia (A Coruña).
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1367/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Prendérono os franquistas en Tordoia en agosto de 1938 e ingresárono na cadea en Ordes (A Coruña).
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña polo delito de rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Enviárono a un batallón disciplinario.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Depurárono do seu posto de traballo no concello.
Abríronlle un expediente en 1939 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña.
Encartado polo Tribunal Militar Territorial da Coruña na causa 443/45 polo delito de rebelión militar.
En xaneiro de 1946 arrestárono nunha casa en Coristanco (A Coruña), pasou pola cadea e foi cualificado de perigoso.
Ingresárono na Prisión Provincial da Coruña e no ano 1948 xa volvía estar en liberdade condicional. Volveron prendelo en decembro de 1948.
Morre na indixencia na Ponte do Porto ao non poder traballar pola súa condición de “rojo” e onde vivían familiares que lle deron as costas.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.