← Volver atrás

Landrove Moiño, Federico

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 31/07/1883 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Segovia
- 06/06/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 52 anos. Casado con María López; tiveron catro fillos e un deles, Federico Landrove López (nado en Bilbao), morreu fusilado polos represores. Veciños de Valladolid. Mestre de Matemáticas da Escola Normal de Mestres de Valladolid desde abril de 1911 ata o comezo da guerra civil.

Concelleiro de Valladolid entre 1917 e 1920. Primeiro alcalde republicano desta cidade de abril de 1931 a xaneiro de 1932 polo PSOE. Deputado nacional por Valladolid nas listaxes do PSOE en 1933 e foi director xeral de Ensinanza Primaria, cargo que deixou en novembro de 1934 por enfermidade.

Membro do Ateneo de Valladolid.

Membro da Real Academia Galega (RAG).

Encarcerado. Morte na cadea.

Cando comeza a contenda española estivo agochado en Valladolid, pero prendérono o 23 de xullo co seu fillo Federico.

Xulgado en consello de guerra en Valladolid, o día 10/08/1936, co resultado de sentenza a cadea perpetua. Ao seu fillo castigárono coa pena de moprte.

Parte da súa condena cumpriuna no cárcere de Valladolid.

Trasladárono ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 24/05/1937, onde contrae unha grave enfermidade renal. Conducírono ao Hospital-Asilo Penitenciario de Segovia o día 30/04/1938, onde pouco despois se rexistra a súa morte.

As autoridades fascistas embargáronlle unha importante biblioteca.

Procesárono por responsabilidades políticas en Valladolid.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha