← Volver atrás

Lestón Romero, Melquiades

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Porto do Son
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1959 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mariñeiro e sindicalista, 30 anos. Casado. Veciño de Xixón (Principado de Asturias). Emigrado nos Estados Unidos. Traballou na frota do Gran Sol con base en Xixón.

Afiliado ao Sindicato Protección Obreira de Porto do Son.

Cando residía en Xixón foi un dos fundadores, en 1931, de La Unión Pesquera, vencellada á UXT. Propagandista da Federación Rexional da Industria Pesqueira de Xixón.

Fuxido. Encarcerado. Exiliado.

Fixo a guerra civil na zona republicana, loitou na fronte asturiana. Participou na Confederación Rexional Galaica. Cando caeu a Fronte Norte conseguiu escapar a Valencia.

Ao remate da contenda española os fascistas confinárono no campo de concentración de Albatera (Alacante).

Xulgado en consello de guerra en Valencia polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (Valencia).

Puxérono en liberdade condicional no ano 1946 e volveu a Porto do Son para ver á muller e aos fillos. Acosado polos falanxistas marchou a Pasaia, Francia e Tunes, onde se exiliou e foi asesor de pesca do presidente Habib Bourguiba.

A mediados dos anos cincuenta perdeu a razón e repatriárono.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha