← Volver atrás

Lois Cerviño, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

San Miguel de Carballedo, Cerdedo
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 22/02/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 29 anos. Casou con Aurora González Cabo, propietaria do Hotel Carballinés en Vilagarcía de Arousa. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra e rematou no ano 1927. Mestre nacional do Igrexario, Santa María de Aguasantas, Cotobade (Pontevedra) desde 1934.

Membro da Sociedade de Labregos de Carballedo.

Militante da Agrupación Socialista (AS) de Cotobade e 1931 a 1933 e, despois, da de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Membro da comisión pro Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG) en Cotobade na representación do PSOE.

Encarcerado. Depurado.

Despois do golpe militar sedicioso ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Ábreselle un expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo por tres meses en setembro de 1936.

Separado do servizo de xeito definitivo e baixa na escala de mestres o día 11/05/1940.

En setembro do ano 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.

Traballou como profesor de matemáticas no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha