← Volver atrás

López Abente, Gonzalo-Francisco

Alcume: o Poeta do Mar
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado. Depurado

Nacemento:

Muxía
(A Coruña)
- 24/03/1878 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Muxía
- 23/07/1963 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e escritor, 58 anos. Casou o día 20/09/1909 Balbina Abente Myszkovski (+1910). Veciños de Muxía. Estudou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC), que rematou no ano 1899. Traballou no Banco Pastor.

Membro das Irmandades da Fala e, desde 1926, do Seminario de Estudos Galegos (SEG).

Académico correspondente da Real Academia Galega (RAG) no ano 1918.

Colaborou con moitas revistas e xornais. En 1936 elixírono presidente da Asociación de Escritores de Galicia.

Participou nos movementos nacionalistas políticos e culturais. No ano 1931 foi un dos asinantes en Pontevedra da creación do Partido Galeguista (PG). Participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Sancionado. Depurado.

Despois do triunfo da sublevación militar, segundo un informe da Garda Civil, era un entusiasta da Fronte Popular (FP) para o que fixo unha intensa campaña na zona de Muxía, contribuíndo a envelenar o ambiente. Segundo o mesmo informe fundou a Agrupación Local de Esquerda Republicana (ER) abusando da súa posición de xuíz municipal suplente.

Instruíuselle un expediente de incautación de bens.

O banco abriulle expediente o día 20/10/1937 e despedírono definitivamente do traballo (logo sería readmitido); no entre tanto franquista adicouse á RAG e a escribir poemas.

No ano 1971 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha