← Volver atrás

López Aydillo, Nicolás-Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Ourense
(Ourense)
- 01/01/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
(Madrid)
- 01/01/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Médico, 42 anos. Veciño de Madrid. Estudou Medicina en Madrid, licenciándose no ano 1926. Neuropsiquiatra. Nos veráns dos anos 1930 e 1931 tiña consulta no Gran Hotel Roma de Ourense. Exercía a medicina psiquiátrica en Madrid.

Militante de Esquerda Republicana (ER) en Madrid.

Encarcerado. Sancionado.

Durante a guerra civil desenvolveu o grao de tenente do Corpo de Carabineiros do exército republicano, combatendo en varias frontes de guerra (Madrid, Barcelona, Valencia).

Prendido polas tropas fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Madrid por “adicto a la rebelión” e por militar en ER co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada en Madrid pola de cadea perpetua.

Desterrado en Guadalaxara e en Soria ata o ano 1953; no desterro traballou como médico rural.

Tempo andado exerceu no Instituto Cajal de Madrid ata cumprir os 70 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha